Desde o pasado 25 de novembro, para comprar e aplicar pesticidas profesionais é preciso contar cun carné de manipulador de produtos fitosanitarios. A nova esixencia obriga ós produtores que non dispoñan do carné a sacalo á maior brevidade, se ben este ano os cursos de formación estanse retrasando máis do agardado polo sector. A Consellería do Medio Rural inicia para a próxima semana unha ducia de cursos para o carné básico de aplicación de fitosanitarios, así como outros 2 para o nivel cualificado. Pódense consultar todos no buscador de cursos de formación continua da Consellería do Medio Rural.
A Xunta tamén programou formación para a renovación dos carnés existentes. O total dos cursos previsto para febreiro ronda a trintena, pero quédanse moi curtos para toda a demanda que hai no agro. A solución terá que vir da man de máis cursos propios da Administración ó longo do inverno e da primavera, así como dos cursos que oferten as entidadades colaboradoras, arredor dunhas 60 acreditadas en Galicia, entre organizacións agrarias, asociacións, cooperativas e empresas.
As entidades colaboradoras da Administración en actividades formativas agardaban que Medio Rural publicase a finais de xaneiro a convocatoria para optar a impartir os cursos de fitosanitarios, pero esa convocatoria aínda se está facendo agardar, polo que a día de hoxe descoñecen cando poderán comezar a ofertar os cursos.
Amosamos embaixo os cursos que xa ten convocados a Xunta para febreiro. Na maioría, as prazas están completas.
Moi boas son da zona de Tui Pontevedra i polo meu travallo non teño tempo para facer o curso de fitosanitarios presencial i pareceme unha loucura ter ke ir aoutra comunidade algen me pode ddecir si en pontevedra hacia vigo ou o baixo miño si hai algunha academia autorizada para sacalo online.
moitas grazas e un saudo XAVI.
Boas tardes Xavier:
O sindicato Unións Agrarias ven de ser autorizado pola Xunta de Galicia para impartir a formación online. Podes chamar a unha das sedes e preguntar:
http://www.unionsagrarias.org/oficinas.asp
Saúdos