Publicadas as cuantías da axuda básica concedida a cada granxa pola crise do leite

A web do Fogga recolle o listado de beneficiarios

Publicidade

Administración convocante: Ministerio de Agricultura.

Enlace axuda: http://www.medioruralemar.xunta.es/fileadmin/arquivos/fogga/Beneficiarios_tramo_basico_axuda_liquidez_sector_lacteo.pdf

Prazo:

Resumo:

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) vén de publicar as cuantías que percibirá cada granxa en concepto da axuda básica, concedida polo Ministerio de Agricultura con fondos europeos para compensar ó sector pola crise de prezos do leite. Cada granxa, segundo recollía o decreto que convocaba as axudas, percibirá arredor dun céntimo por litro de leite producido entre abril e xullo. A diferencia da axuda complementaria –a subvención para determinadas explotacións que se anunciou que estaría entre 110 e 300 euros por vaca-, os gandeiros non tiñan que solicitar a axuda básica, que se lles adxudica e se lles pagará de oficio.

Pódese consultar o listado de beneficiarios e as cuantías a percibir na web do Fogga, así como no seguinte enlace:

Listado de beneficiarios da axuda básica e das cuantías a percibir.

Una idea sobre “Publicadas as cuantías da axuda básica concedida a cada granxa pola crise do leite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *