Feijóo recupera a Consellería do Medio Rural e sitúa ao seu fronte a Ánxeles Vázquez

Unha das novidades da renovación do goberno de Feijóo é a recuperación da Consellería do Medio Rural, á fronte da cal situará á alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez. Rosa Quintana, quedará á fronte da Consellería do Mar.

Feijóo recupera a Consellería do Medio Rural e sitúa ao seu fronte a Ánxeles Vázquez

Ánxeles Vázquez, nova conselleira do Medio Rural

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo fixo pública hoxe unha remodelación sorpresa do seu goberno. Unha das novidades é a recuperación da Consellería do Medio Rural, á fronte da cal situará á alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez. Rosa Quintana, quedará á fronte da Consellería do Mar.

Ánxeles Vázquez Mejuto naceu en Melide en 1972. Acadou a Licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e cultura.
É alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata a actualidade, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007.

No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de comunicación. Tamén foi deputada provincial en A Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia. Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información