Supeco vende leite de Lence a 28 céntimos en Vilagarcía

Unións Agrarias iniciou os trámites para denunciar esta promoción ante a Xunta e ante a Agencia de Inspección y Calidad Agroalimentaria (AICA)

Supeco vende leite de Lence a 28 céntimos en Vilagarcía

Promoción de leite a 0,28 en Vilagarcía.

A banalización do leite no supermercado, con ofertas moi por baixo dos custos de produción, prosegue en plena crise gandeira. As tendas Supeco, unha cadea ‘low cost’ de Carrefour, están a ofrecer hoxe en Vilagarcía o litro de leite a 28 céntimos, un caso que Unións Agrarias califica de “vergoñento”. A organización iniciou os trámites para denunciar esta promoción ante a Xunta e ante a Agencia de Inspección y Calidad Agroalimentaria (AICA).

Desde Unións Agrarias, advirten de que as promocións a baixos prezos teñen un impacto “devastador” na cadea de valor do leite e “atentan” contra a “dignidade” da gandaría galega. O sindicato agrario insta á Administración a tomar cartas no asunto.

O leite comercializado a 28 céntimos está envasado por Leche Río, a empresa do polémico Jesús Lence, baixo a marca ‘Leche Rosina’. Unións cuestiona que na promoción non se advirta ademais que o leite comercializado está próximo a súa data de consumo preferente. Tamén critican que no ticket de compra se camufle a promoción de leite describíndoa como “oferta refrigerado”.

Suba de Lidl
Doutro lado, a noticia positiva do día chegou da man de Lidl, que anunciou unha suba dun 5% nos pagos as súas industrias lácteas proveedoras, co compromiso de que eses cartos cheguen ós gandeiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información