84 viños da DO Monterrei premiados na guía de viños de Luís Paadín

Publicidade
84 viños da DO Monterrei premiados na guía de viños de Luís Paadín

Acto de presentación da guía na sede do Consello Regulador de Monterrei.

A “Guía de Viños, Adegas e Destilados de Galicia 2021”, elaborado por Luís e Alejandro Paadín, inclúe nesta ocasión un total de 84 viños da Denominación de Orixe (DO) Monterrei. A publicación foi presentada na sede do consello regulador, nun acto no que participaron a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, e os dous autores.

Nesta edición da guía inclúense 84 viños premiados, dos cales 13 foron Gran Ouro, 56 Ouro e 15 resultaron prata. Ademais, a publicación tamén fai referencia ás 27 adegas de Monterrei.

Para a realización da guía, cataron máis de 1.500 viños e destilados (pertencentes á totalidade das adegas e destilarías amparadas nas DOs e IXPs de viño de Galicia). A mesma tamén inclúe histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 4 anos en cada DO, mapas litolóxicos e de relevo, e orixe da uva (en base a tres niveis, Zona/Rexión – Concello / Parroquia e Parcela).

Medallas dos viños da DO Monterrei na guía.

Medallas dos viños da DO Monterrei na guía.

Ademais, a publicación incorpora ferramentas coma un buscador de viños por R.E.N. (Número de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras e unha árbore xenealógica dalgunhas das principais variedades ancestrais de Galicia.

Experiencia Verema Barcelona

Os viños da DO Monterrei tamén participarán na xornada de hoxe na Experiencia Verema, que se celebra na cidade condal. Esta cita está destinada a profesionais da canle Horeca (restauración, sumillería, distribución, importadores, etc.), amantes do viño e usuarios de Verema.com.

A cita terá un horario de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas e nela, os visitantes poderán coñecer, in situ, as elaboracións das seguintes adegas inscritas no Consello Regulador de Monterrei: Ladairo, Pazos do Rei, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Pazo Branco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luís Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Castro de Lobarzán, Manuel Vázquez Losada, Terrae Monterrei (Adegas Terrae) e Triay Adegas de Oímbra. Ademais de coñecer as características do territorio (solo, clima e variedades), historia e patrimonio vitivinícola, ou a tipoloxía de viños, entre outras cuestións.

O evento que se celebrará no Hotel El Palace Barcelona contará con todas as medidas de hixiene e seguridade necesarias marcadas polo protocolo do espazo e polas propias do evento. Trátase do primeiro evento “Experiencia Verema” á que asiste a DO Monterrei neste ano 2020, que repetirá participación, na próxima experiencia prevista antes de final de ano en Murcia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información