A Asociación Galega de Apicultura organiza a 41ª ‘Mostra galega de apicultura’ que chega a Arzúa o vindeiro 13 de xuño. O evento será no edificio multiusos “Terra do queixo” durante todo o día e conta con charlas e exposición de produtos.
As ponencias centraranse en temas vinculados coa apicultura, como poden ser a saúde das colmeas, as solicitudes da PAC ou como Mercosur pode afectar ás persoas apicultoras. Ademais, terán unha ampla variedade de proveedores de material apícola e postos moi variados, cunha boa representación do sector da castaña galega, producción primaria, os queixos de Arzúa e meles 5 estrelas. Tamén contan cun posto de demostración de localización de niños de velutina con chips de seguemento e drons.

Galego









Control OJD