Os viños galegos lograron un total de 41 galardóns no Concurso Internacional de Viños Bacchus 2021 cuxos premios foron entregados nunha gala celebrada en Madrid. As 5 Denominacións de Orixe galegas contan con viños entre os premiados.
A DO Rías Baixas logrou un destacado palmarés con 26 marcas galardoadas, un deles como Gran Bacchus de Ouro (Pazo de Señoráns), a máxima distinción do certame; 12 viños recibiron o Bacchus de Ouro e outros 13 lograron o Bacchus de Prata. Neste mesmo mes, outros 7 viños da DO Rías Baixas foron galardoados no Challenge International du Vin, un dos concursos máis antigos e prestixiosos a nivel internacional e que se celebra en Burdeos.
Entre os premiados nesta edición do Bacchus atópanse 7 viños da DO Valdeorras, 5 da Do Ribeiro, 2 procedentes da Ribeira Sacra e un viño de Monterrei.
O Bacchus está considerado como o maior certame vitivinícola do país. Nesta decimonovena edición presentáronse un total de 1.691 viños procedentes de 21 países e déronse cita 83 catadores internacionais, entre eles, algúns Masters of Wine como Andres Kubach, Norrel Roberston e Pedro Ballesteros. Tamén participaron no acto importantes catadores, enólogos, representantes do sector da distribución ou xornalistas especializados procedentes de diversos países, como Italia, Suecia, Romanía, Francia, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Eslovaquia, Alemaña, Arxentina, Finlandia, Uruguai, Estados Unidos, Polonia, Canadá, República Checa, Colombia, Portugal, México ou Moldavia.
Velaquí os viños galegos galardoados nos Bacchus 2021:
GRAN BACCHUS DE OURO:
-Pazo de Señoráns S.L. Pazo Señoráns Selección de añada 2011 Rías Baixas.
BACCHUS DE OURO:
-Unión de Bodegueros Gallegos S.L. Pazo Castrelo 2020 Rías Baixas.
-Adega Laureatus S. L. Laureatus 2020 Rías Baixas.
-Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G. Paco&Lola Vintage 2015 Rías Baixas.
-Adega Laureatus S.L. Laureatus Dolium 2013 Rías Baixas.
-Notas Frutales Albariño S. L.U. La Trucha Barrica 2017 Rías Baixas.
-Bodegas Chaves S.L. Castel de Fornos 2020 Rías Baixas.
-Viña Cartin S. L. Terras de Lantaño 2019 Rías Baixas.
– Bodegas Gerardo Méndez S. L. Do Ferreiro 2020 Rías Baixas.
-Pazo de Señoráns S. L. Pazo Señoráns Colección 2017 Rías Baixas.
-Felix Solis Avantis Pulpo Albariño 2020 Rías Baixas.
-Eido da Fonte S. L. Eido da Fonte 2020 Rías Baixas.
-Bodegas Martín Codax S.A.U. Marieta 2020 Rías Baixas.
-Rubén Moure Fernández Finca Cuarta Por Rubén Moure 2019 Ribeira Sacra.
-Bodegas Rectoral de Amandi Matilda Nieves 2020 Ribeira Sacra.
-Viña Costeira S.C.G. Viña Costeira 2020 Ribeiro
-Joaquín Rebolledo S.A. Joaquín Rebolledo Tinto Barrica 2019 Valdeorras.
-Viña Costeira SCG Viña Costeira Mencía 2020 Valdeorras.
-Joaquín Rebolledo S.A. Joaquín Rebolledo Mencía 2020 Valdeorras.
-Bodegas La Tapada S.A.T. Guitian Fermentado en Barrica 2019 Valdeorras.
-Bodegas Santa Marta S.A.T. Viñaredo Mencía 2020 Valdeorras.
BACCHUS DE PRATA:
-Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G. Nº12 By Paco&Lola 2020 Rías Baixas.
-Rectoral do Umia SAU Rectoral do Umia 2020 Rías Baixas
-Enoturismo Acha S.L. – Davide Davide 2019 Rías Baixas
-Agrobazán S.A. Granbazán Don Álvaro de Bazán 2018 Rías Baixas.
-Bodegas Martín Codax S.A.U. Burgáns 2020 Rías Baixas.
– Bodegas Martín Codax S.A.U. Alba Martín 2020 Rías Baixas.
-Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G. Paco&Lola Prime 2018 Rías Baixas.
-Bodegas Casto Martín S.L. Castro Martín Family Estate sobre lías 2019 Rías Baixas.
-Notas Frutales Albariño S. L.U. Finca Garabelos 2018 Rías Baixas.
-Rectoral do Umia S.A.U. Abellio 2020 Rías Baixas.
-Rectoral do Umia S.A.U. Lembranzas 2020 Rías Baixas.
-Señoría de Rubiós S. L. Manuel D’Amaro Loureira Blanca 2018 Rías Baixas.
-Tierra Trabajo y Tradición 3T SAT Albariño 3T 2020 Rías Baixas.
-Bodega Alanís S.L.U Ama Vida 2020 Ribeiro.
-Hammeken Cellars S.L. Gotas de Mar Godello Barrica 2019 Ribeiro.
-Ramón do Casar S. L. Ramón do Casar Nobre 2019 Ribeiro.
-Ramón do Casar S. L. Ramón do Casar Varietal 2020 Ribeiro.
-Pago de los Capellanes S. A. O Luar do Sil Godello sobre lías 2019 Valdeorras.
-Bodegas La Tapada S.A.T. Guitián sobre lías 2019 Valdeorras.
-Viñas e Adegas Galegas S.L.U. Terras do Cigarrón 2020 Monterrei.