Asturias acolleu os días 24, 25 e 26 da pasada semana a celebración da a Escola de Xuíces, organizada por CONAFE coa colaboración da Asociación Frisona de Asturias-ASCOLAF e o Concello de Tineo.
Bonet Cid, Xuíz Nacional de CONAFE, foi o director técnico encargado de xulgar as 16 seccións prácticas ?incluídas dous de vacas pardas, como novidade desta edición? e cuxas decisións non sempre llo puxeron fácil aos 79 participantes -40 deles chegados de Galicia-, moitos dos cales saíron á pista para explicar as súas colocacións.
Colaboraron nesta Escola as gandarías Cantina Holstein, Casa Coto, Casa Flora, Casa La Veiga, Casa Lucaria, Casa Manolón, Casa Venturo, Gan. Diplo. Badiola, Las Llamas, Marcelo Sebrán, Pericón, Perrito, Ronderos e García y Valle.
A edición 2025 Escola de Xuíces de CONAFE está previsto que se celebre en Menorca.