37 viños galegos premiados nos Bacchus 2016

Os viños galegos lograron 37 galardóns. Rías Baixas a denominación de orixe galega máis premiada con 28 viños galardoados; seguida de Ribeiro con 4, Ribeira Sacra e Valdeorras con 2 e Monterrei que logrou un galardón

Publicidade
37  viños galegos premiados nos Bacchus 2016

Os viños galegos lograron un total de 37 galardóns na décimo cuarta edición do Concurso Internacional de Viños Bacchus 2016 cuxos premios se entregaron o pasado domingo nunha gala celebrada en Madrid.

A Denominación de Orixe Rías Baixas conseguiu un dos seus mellores resultados: das 68 referencias de Rías Baixas presentadas a este destacado certame vinícola, un total de 28 viños de 18 adegas foron galardoados, con 9 medallas de ouro e 19 de prata. Rías Baixas convértese así na denominación de orixe galega con máis medallas nesta edición.

A continuación situáronse as Denominacións de Orixe Ribeiro con 4 premios; Ribeira Sacra e Valdeorras con 2 e Monterrei que logrou un galardón.

O Concurso Internacional de Viños Bacchus está considerado como o maior certame vitivinícola do país. A esta décimo cuarta edición presentáronse un total de 1.854 referencias procedentes de 21 países. Do total de marcas, 1.469 (o 79%) eran españolas e pertencentes 81 indicacións xeográficas de calidade da España vinícola, con 68 Denominacións de Orixe incluídas.

Promovido pola Unión Española de Catadores (UEC), este importante certame internacional está auspiciado pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV), ademais de contar co aval da Unión Internacional de Enólogos (UIOE), da Federación Mundial de Grandes Concursos de Viños e Espirituosos (VINOFED) e contar co recoñecemento oficial do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MAGRAMA).

Listaxe dos viños galegos premiados en Bacchus 2016

RÍAS BAIXAS

BODEGA

MARCA

COSECHA

CATEGORÍA

MAIOR DE MENDOZA S.L

MAIOR DE MENDOZA 3 CRIANZAS

2012

ORO

HGA BODEGAS Y VIÑEDOS DE ALTURA S.L

ALTOS DE TORONA ALBARIÑO

2015

LIDL SUPERMERCADOS S.A.U.

CEO

2015

ADEGAS GRAN VINUM S.L

ESENCIA DIVIÑA

2015

QUINTA COUSELO S.L

TURONIA

2014

BEIRA ARAL S.L

ARAVO

2015

BODEGAS PABLO PADÍN

ALBARIÑO SEGREL AMBAR

2014

QUINTA COUSELO S.L

QUINTA DE COUSELO SELECCIÓN

2011

DOLORES FONTÁN LIMERES

CALABOBOS

2014

COOPERATIVA VITIVINICOLA AROUSANA SCG

FOLLAS NOVAS

2015

PLATA

BODEGAS TERRAS GAUDA S.A

ABADÍA DE SAN CAMPIO

2015

RICARDO ABAL PADÍN

LAGAR DA CACHADA

2015

SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L.

LIÑAR DE VIDES ALBARIÑO

2014

SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L.

SEÑORÍO DE RUBIÓS ALBARIÑO

2015

VILARVIN S.L

VALTEA

2015

BODEGAS EIDOSELA S.C.G.

EIDOSELA

2015

HGA BODEGAS Y VIÑEDOS DE ALTURA S.L.

TOLLODOURO

2014

ENOTURISMO ACHA SL

DAVIDE DÚO

2014

COMERCIAL GRUPO FREIXENET S.A

VIONTA

2014

BODEGAS EIDOSELA S.C.G

ARBASTRUM

2015

SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L.

SEÑORÍO DE RUBIÓS CONDADO DO TEA BLANCO

2015

BODEGAS MAR DE FRADES MAR DE FRADES

FINCA VALIÑAS

2014

MAIOR DE MENDOZA S.L

FULGET

2015

BODEGAS MAR DE FRADES

MAR DE FRADES

2015

LIDL SUPERMERCADOS S.A.U.

SALNEVAL

2014

COOPERATIVA VITIVINICOLA AROUSANA SCG

SUCELLOS

2015

SEÑORÍO DE SOBRAL S.L

SEÑORIO DE SOBRAL

2015

QUINTA COUSELO S.L

QUINTA DE COUSELO

2014

RIBEIRO

VIÑA DA CAL S.L.

ALTER

2015

ORO

FRANCISCO GARCÍA PEREZ

ADEGA DO MOUCHO

2013

PLATA

A PORTELA S.A.T.

BEADE PRIMACÍA

2015

PÉ DE PERDIZ

PÉ DE PERDIZ

2015

VALDEORRAS

BODEGAS LA TAPADA S.A.T.

GUITIAN FERMENTADO EN BARRICA

2013

PLATA

JOAQUIN REBOLLEDO S.A.

FINCA TRASDAIRELAS GODELLO

2014

RIBEIRA SACRA

ADEGA PONTE DA BOGA S.L

PONTE DA BOGA GODELLO “G”

2014

ORO

HGA BODEGAS Y VIÑEDOS DE ALTURA S.L

REGINA EXPRESIÓN

2012

PLATA

MONTERREI

GRANDES PAGOS GALLEGOS DE V.T. S.L.

FRAGA DO CORVO

2014

ORO

Consulta aquí a lista de todos os viños premiados nos Bacchus 2016

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información