304 animais participarán no Concurso Nacional da Raza Frisoa CONAFE 2024

CONAFE 2023 ASTURIASTodo está preparado para a gran cita anual da raza frisoa en España, que se poderá gozar en Xixón o fin de semana do 28 e 29 de setembro, cando se celebrará o 44º Concurso Nacional da Raza Frisoa CONAFE 2024, organizado coa colaboración de Asturiana de Control Lechero-Asociación Frisona (ASCOLAF) e baixo o patrocinio da Consellería de Desenvolvemento Rural e Cohesión Territorial Principado de Asturias, o Concello de Xixón, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Cámara de Comercio de Xixón, Central Lechera Asturiana, Caja Rural de Xixón e Caja Rural de Asturias.

Nesta edición inscribíronse 304 animais procedentes de 63 gandarías de 8 comunidades autónomas. O concurso nacional de raza frisoa 2024 terá por tanto representación de gandarías procedentes de Andalucía, Asturias, Baleares, Cantabria, Cataluña, Galicia, Navarra e País Vasco.

Entre os animais inscritos atópase Llinde Ariel Jordan (S.A.T. Ceceño, Cantabria), Vaca Gran Campioa Nacional CONAFE do catro últimas edicións celebradas en 2019, 2021 e 2022 e 2023.

Así mesmo, terá continuidade a sección de recoñecemento fóra de concurso estreada en 2022 e na que se exhibirán en pista animais de gandarías españolas que se caracterizan polas súas excelentes calidades morfolóxicas e produtivas.

E o domingo 29 de setembro, para pór o broche de ouro á gran festa da raza frisoa en España, celebrarase o XXIII Campionato Nacional de Manexadores, no que os máis novos, divididos en categorías infantil, júnior e sénior, deleitarán ao públco co seu bo facer en pista xunto aos animais.

Programa:

Mércores, día 25 e xoves, día 26 de setembro: Entrada de gando.
A entrada de gando deberá realizarse até as 20:00 horas do día 21 de setembro.

Venres, día 27 de setembro: Descanso do gando.

Sábado, día 28 de setembro:
10:00 h.   Concurso de Tenreiras e Xovencas.Xulgamento das seccións: 1ª, 2ª, 3ª, 4ª, 5ª, 6ª, 7ª, 8ª, 9ª e 10ª.
15:00 h.   Concurso de Vacas en lactación.Xulgamento das seccións: 11ª, 12ª, 13ª, 14ª, 15ª, 16ª, 17ª, 18ª, 19ª, 20ª, 21ª, 22ª, 23ª, 24ª, 25ª e 26ª.
                      Sección de recoñecemento (fóra de competición)

Domingo, día 29 de setembro:
10:30 h.   XXIII Campionato Nacional de Manexadores.

Como é habitual desde 2002, a Feira Monográfica do Campo e as Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pesqueiras de Asturias AGROPEC, volverá ser o marco da cuadraxésima terceira edición do Concurso Nacional da Raza Frisoa CONAFE 2024. De modo que, un ano máis, as empresas pertencentes ao sector lácteo estarán presentes con caseta no pavillón central da Feira de Asturias Luís Adaro.

Giuseppe Beltramino, Xuíz do Concurso Nacional 2024

O xuíz internacional Giuseppe Beltramino, da Asociación Frisoa de Italia (ANAFIBJ), foi designado para xulgar o 44º Concurso Nacional da Raza Frisoa CONAFE 2024, que se celebrará en Xixón (Asturias) do 26 ao 29 de setembro.Giuseppe Beltramino creceu nunha granxa leiteira do noroeste de Italia (Bel Holstein-Buriasco, Turín) pertencente á súa familia. Traballa como director de exportacións de Genes Diffusion e de Intermizoo, promovendo e xestionando as vendas das mellores xenéticas francesas e italianas en Europa e moitos outros países de ultramar.

CARTEL NACIONAL CONAFE 2024 web

Máis información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información