26 vacas e xovencas Frisonas poxaranse este sábado en Sarria

Un total de 9 xovencas próximas ao parto e 17 vacas paridas de raza Frisona poxaranse este sábado en Sarria dentro da XXIX Mostra Gandeira San Isidro Labrador.

A poxa, que se celebrará no mercado gandeiro ás 12:00 horas, está organizada por Africor Lugo en colaboración co concello de Sarria.

Dende Africor Lugo destacan que “todos os animais contan con análises sanitarios, grazas á colaboración cos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia”.

“Son animais criados en explotacións da nosa provincia, adaptados ás nosas condicións de manexo. Trátase de potenciar e dar valor ao producido nas explotacións galegas, sen ter que depender do exterior para repoñer animais”, subliñan dende a asociación.

Velaquí a lista dos 26 animais que sairán á poxa:

AFRICOR_SARRIA_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información