Un total de 26 envasadores da IXP Mel de Galicia recibiron o pasado sábado os certificados de calidade ENAC. A Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén María do Campo Piñeiro foi a encargada de facer a entrega dos certificados de produto aos envasadores.
A obtención desta certificación foi un traballo complexo e que requiriu dun gran esforzo tanto por parte a Indicación Xeográfica Mel de Galicia como dos envasadores.
Outro dos temas para tratar foi o do preocupante problema da etiquetaxe e a confusión para o consumidor. Actualmente, os meles non están obrigados a poñer procedencia exacta, nin cantidades; simplemente, poñen mestura de meles da UE ou fóra da UE. Isto adoita ser mestura de meles chineses (90%) mesturada con outros meles (10%); pero na etiquetaxe tampouco se especifica.
E por último lográronse uns acordos entre apicultores, mediante contratos homologados nos que os envasadores comprométense en comprar o “Mel de Galicia” aos produtores a uns prezos acordados.