A lista de novos touros xenómicos elaborada por CONAFE e correspondente ao mes de maio incorpora un total de 36 novos exemplares, dos que a maioría, 24, corresponden a Xenética Fontao.
Galicia sitúase así á cabeza tanto cuantitativamente como cualitativamente. E é que SUMMUM, un touro xenómico importado por Xenética Fontao, fillo de Sundance ET e de Willems Hoeve Javina 612 ET, sitúase como o segundo mellor touro xenómico de España, cun índice GICO de 3.978 puntos, a escada distancia do primeiro Willsbro KL Eclair ET, con 4.001 puntos e importado por Ascol.
Tamén son de salientar Embruxo ET, en cuarto lugar con 3.938puntos e tamén procedente de Xenética Fontao. E é que froito do seu programa de colaboración con explotacións galegas, a sociedade pública participada pola Xunta de Galicia conseguiu situar na lista de touros xenómicos de CONAFE a un bo número de exemplares nados en explotacións como Casa Cochero, Quintián SC, San Rián Cooperativa, SAT Busto-Corzón, SAT A Campa ou Ganadería Pernas SC
Podes descargar aquí o listado completo de novos touros xenómicos correspondente ao mes de maio.