2022 comeza con fortes subas dos productos lácteos no mercado internacional

LACTEOS XANEIRO 2022 UEO 2022 comeza unha clara subida dos prezos dos produtos lácteos nos mercados internacionais, segundo os datos que ven de publicar o Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea.

En concreto, as cotizacións na Unión Europea remataron xaneiro cunha suba do 1,5% na manteiga, que se mantén en prezos moi altos (5,77 euros o quilo). O leite en pó foi o que experimentou unha maior suba o mes pasado: un 3,7% máis o desnatado (3,49 euros o quilo) e un 3,5% máis o enteiro (4,32 euros o quilo), mentres que o queixo cheddar mantívose estable nas súas cotizacións (3,39 euros o quilo, un 0,2% máis respecto a decembro).

A nota menos positiva en xaneiro foi o incremento dos custos de produción para as ganderías debido a suba dun 7% dos custos da enerxía (gasóleo, fertilizantes e electricidade).

LACTEOS XANEIRO 2022 fonterra

En canto ao inicio do mes de febreiro, o Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, comezou tamén en positivo: subas do 2,1% nas cotizacións do leite en po desnatado; do 5,8% para o leite en po enteiro; do 3,3% para a manteiga e do 2,4 % para o queixo cheddar.

Pero onde se están disparando os prezos dos produtos lácteos é en Estados Unidos: en xaneiro o prezo da manteiga nos mercados maioristas encareceuse un 7,8%, o do leite en pó desnatado subiu un 9,9% e o do enteiro nada menos que un 12,2%. Pola contra, o queixo cheddar baixou un 8,7%.

LACTEOS XANEIRO 2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información