200 mulleres reivindican a igualdade dende a granxa Casa Grande de Xanceda

200 mulleres reivindican a igualdade dende a granxa Casa Grande de Xanceda

A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda, situada en Mesía (A Coruña) celebrou o 8 de marzo, Día da Muller, cunha acción que congregou a 200 mulleres nas súas instalacións. Como apuntan dende a granxa, as participantes fixeron unha homenaxe á igualdade creando un enorme símbolo feminino nunha das pradeiras ecolóxicas da gandería.

As visitantes chegaron ataviadas de violeta e todas levaban un pano que dicía “Mulleres do rural e a cidade, unidas pola igualdade”. A granxa ecolóxica abriuse a esta visita especial na que, ademais da creación do símbolo, fixeron un percorrido con degustación de produtos.

Este ano 2023, Casa Grande de Xanceda gañou o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Un dos puntos que o xurado resaltou foi a feminización do equipo da firma: un 62% da plantilla. Dese 62%, moitas en postos de responsabilidade: marketing, calidade, produción ou administración. A granxa quixo facer esta acción aberta a esas 200 mulleres para expandir a súa filosofía de que a igualdade é “fundamental” para o avance social.

Xanceda_mulleres

Unha granxa pola igualdade

Esta é unha acción de responsabilidade social corporativa de Casa Grande de Xanceda. Desde a granxa traballan diariamente pola igualdade e reivindican a figura da muller como parte fundamental do mundo rural e a transmisión da súa cultura e tradicións. Ao mesmo tempo, desde a firma recordan que as mulleres rurais non queren ser “superheroinas” senón que a administración debe “prover servizos de conciliación e información para que poidan desenvolver as súas carreiras profesionais en igualdade cos homes”.

Outras accións relacionadas coa defensa da igualdade foron un enorme símbolo da muller segado en herba ou un baile tiktokeiro das traballadoras da granxa.

– Vídeo de como se fixo o símbolo 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información