196 beneficiarios das axudas para reconversión de viñedo

Publicada no DOG a resolución pola que se actuará en 250 hectáreas de superficie con operacións de reimplantación de cepas e substitución varietal

Publicidade
En zonas como a ribeira do Navia ou en Betanzos estanse a recuperar castes autóctonas

En zonas como a ribeira do Navia ou en Betanzos estanse a recuperar castes autóctonas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da orde de 2021 para apoiar a reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Así, un total de 196 beneficiarios recibirán un importe global de 2.612.414,46 euros destinados a operacións encamiñadas á reimplantación de viñedo, á reconversión varietal ou á mellora das técnicas de xestión das viñas.

A superficie de viñedo na que se vai actuar grazas a estas subvencións é de case 250 hectáreas. Por provincias, a maior parte corresponde a Pontevedra, con 114 hectáreas e 72 persoas beneficiarias; séguelle Ourense, con 98 ha e 108 expedientes aprobados; mentres que na Coruña reestruturaranse 20 hectáreas de seis viticultoras e en Lugo actuarase en 12 ha de 10 beneficiarios.

Estas subvencións supoñen unha achega de máis de 2,6 millóns de euros

Por zonas vitícolas, o maior número de persoas beneficiarias corresponde á denominación de orixe protexida Rías Baixas, cun total de 77 expedientes aprobados. Logo sitúase a de Monterrei con 46 beneficiarios, a de Valdeorras con 34, a do Ribeiro con 28 e a de Ribeira Sacra con 9. Mentres, as indicacións xeográficas protexidas Betanzos e Terras do Navia rexistran unha persoa beneficiaria cada unha.

Rías Baixas é a Denominación de Orixe que acapara máis beneficiarios, seguida de Monterrei, Valdeorras e O Ribeiro

Os principais obxectivos destas axudas son levar a cabo reaxustes estruturais que fagan diminuír os sobrecustos de produción das explotacións vitícolas de Galicia, onde predomina o minifundio. Ademais, conséguese a mellora das técnicas de xestión das viñas e reconversións varietais para optimizar a súa orientación ao mercado adaptando as producións á demanda, á vez que se preservan as variedades viníferas autóctonas da nosa comunidade. Deste xeito, aprovéitase a elevada calidade diferenciada da uva como vantaxe competitiva nun mercado cada vez máis globalizado.

Así mesmo, a través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións das persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres viticultoras de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información