
A XVIII edición da Feira do Viño de Monterrei terá lugar entre o 8 e o 10 de agosto en Verín. Desta volta participan 19 das 29 adegas que forman parte da Denominación de Orixe, a mesma cifra que na edición anterior. Os actos principais terán lugar na Praza da Alameda, na Praza Maior e na Praza García Barbón da vila verinesa.
No acto de presentación participaron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; o presidente do Consello Regulador da D.O Monterrei, Manuel Vázquez; e a concelleira de Turismo de Verín, Samanta Barreira. O venres 8 terá lugar o acto de imposición de medallas da Confraría dos Viños de Monterrei, que se volve realizar en conxunto coa celebración da feira.
O recinto feiral estará abierto o venres día 8 de agosto dende as 20:00 ata as 24:00 h. ( con venta anticipada a partir das 19:00 horas); para o sábado 9, o horario vai ser de 12:30 a 14:30 h, e de 19:30 a 01:00 h; na xornada final do domingo 10, de 12:30 a 14:30 h, e de 19:30 a 24:00 h. Tamén se manteñen os prezzos para o público do pasado ano, de xeito que cada degustación custará dous euros e cada copa personalizada da D.O. outros dous euros.
Como novidade nesta edición, inclúese o sistema de pago cashless que permitirá realizar o pagamento das degustacións e copas mediante unha pulseira que se facilitará nos stands do Consello Regulador da D.O. Monterrei. Tamén se poderá recargar nos propios stands.
Juanjo Figueroa, presidente da Asociación Galega de Sumilleres (AGASU); Begoña Vázquez, Premio Mellor Cociñeiro Galego 2024; Miguel López, director técnico do C.R.D.O. Monterrei; José Manuel Salgado, profesor do CMUS Verín; Juliana Picarelli, sumiller do Restaurante Maruja Limón son algunhas das personalidades da gastronomía e a viticultura que participarán en diferentes actos na feira. Na parte musical, contarán coas actuacións de Guadi Galego, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e Mondra.
As adegas participantes son:
Ladairo
Gargalo
Adega Valderello
Crego e Monaguillo
Quinta do Buble
Terras do Cigarrón
Triay
Adega Tapias Mariñán
3 Mentiras
Vía Arxéntea
Abeledos
Setembro
Bodega Franco Basalo
Adegas Daniel Fernández
Adega Trasdovento
Quinta Soutullo
Manuel Vázquez Losada
Serra de Alén
Ramón Bigotes
Nos postos de gastronomía participan Panadería Roscas, Cárnicas de Feces, Jamones Don Francisco, Queixeria Gaia, Matilde Waffles e Gelados, Alacena-Puebla de Sanabria, Cien por Cel, Conservas Regiomare, Xavier dos Leitões e Casa do Pulpo. No acto de presentación agradeceuse a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Inorde, Ministerio de Agricultura eFondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
A D.O. Monterrei abrangue os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos ocupan un total de 798 hectáreas nas que traballan 381 viticultores.
Galego








Control OJD