Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, a organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural recontou todas as candidaturas rexistradas para participar na vixésimo quinta edición do galardón e o gañador estará entre as seguintes trece:
- Chichalovers
- Agrolistik
- Aldealista
- Asociación Fonte do Milagro
- Asociación Mariñas Betanzos
- Cátedra do Pan e do Cereal
- Proxecto H2GZ Área Viveiro
- Muvicla
- Asociación Raíña Paraíso
- Biogás-Frigoríficos Bandeira
- Foro Emprendemento Rural
- Gandería Quintián
- Traloagro
O xurado, composto nesta ocasión polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; a presidenta de Aresa, Carlota López Pardo; o CEO de Torre de Núñez, José Manuel Núñez Torre, e o exreitor e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Senén Barro Ameneiro, examinará todas estas candidaturas e dará a coñecer publicamente a gañadora este venres 31 de xaneiro nun acto que terá lugar ás seis da tarde na sala de prensa do Pazo de Montenegro na cidade de Lugo.
O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.