Data inicio: 13/06/2019
Data fin: 13/06/2019
Lugar: Praza do Concello nº2 – O Barco de Valdeorras
A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza organiza o vindeiro 13 de xuño, xoves, unha xornada técnica sobre “Enfermidades da vide e o seu control: A podremia gris”.
A xornada, de carácter gratuíto, e dirixida preferentemente a viticultores e persoal técnico, desenvolverase no Salón de Actos do Edificio Multiusos de O Barco de Valdeorras (Praza do Concello nº2 – O Barco – Ourense) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de O Barco de Valdeorras, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Valdeorras.
Na xornada participarán diversos expertos que informarán dos cambios que se están a producir no rexistro de fitosanitarios e darán a coñecer as novas alternativas de loita e control da podremia gris da vide. Tamén se incidirá na importancia de dar utilizar modelos predictivos para reducir o uso de fitosanitarios e informarse das vías de xestión dos envases destes produtos.
Velaquí o programa: